Morgan, Paco (1969-)

A rede branca / Paco Morgan - 1ª ed. marzo 2024 - Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2024 - 153 p. ; 23 cm - Narrativa (Xerais) . - Narrativa (Edicións Xerais de Galicia) .

«A rede branca» é a crónica dunha tormenta perfecta que comeza cunha detención e remata de xeito imprevisíbel. Unha obra escrita cunha prosa tan directa e contundente como unha puñada nos beizos. Finalista do XL Premio Xerais de Novela.

Ambientada na cidade portuaria de Úrvida, «A rede branca» é unha trepidante novela negra cunha estrutura coral formada por catorce personaxes protagonistas que van entrelazando as súas historias para debuxar un regueiro de cocaína que, como nunha carreira de remudas, circula desde restaurantes de luxo até patios de prisión.
Un narcotraficante intenta converterse nun honorábel empresario mediante un pelotazo urbanístico, mais o arresto casual do esbirro que agocha o seu último alixo ameaza con botalo todo a perder. Avogados, hostaleiros, policías, políticos, presidiarios, camareiros, asesores e xornalistas participan da trama criminal ou serven de nexo e escusa para trazar este vibrante fresco urbano.

1º-2º BAC Adultos/as

Finalista do XL Premio Xerais de Novela

9788411104999


Literatura galega contemporánea--Novela negra
Narcotráfico--Marxinación social
Investigación criminal


Galicia


Novela de intriga e misterio

821.134.4-31"20" 343.9:82-31

Coa tecnoloxía Koha