Orwell, George

1984 / George Orwell - 2ª ed. - España : Faktoría K de libros , 2019 - 413 p. ; 21 cm

“1984”, escrita por George Orwell en 1949, está considerada como unha das mellores novelas do século XX e representa unha demoledora crítica contra toda forma de ditadura.

Imaxinas unha sociedade na que o goberno che impoña como vestir, que nova lingua falar, como actuar, como pensar? En 1984 esa sociedade existe, chámase Oceanía e comparte o dominio da Terra con outras dúas superpotencias coas que adoita estar en guerra alternativamente: Eurasia e Oriasia. Londres é a principal cidade da Aeropista Un e na súa cerna está instalado o centro do poder do estado totalitario liderado polo Irmán Grande, ser omnisciente que controla a vida social e privada dos cidadáns grazas a un sistema de telepantallas instaladas por todas as partes.

Winston Smith, un funcionario do Ministerio da Verdade, descobre un día no seu traballo que vive baixo a gran mentira elaborada polo Estado. Desde entón actuará para acadar unha sociedade na que se poida falar, amar, vivir libremente. Haberá nesta vella, gris e uniforme Inglaterra máis seres coma el a soñar que OUTRO MUNDO É POSIBLE?

Adultos/as

9788416721368


Sociedade
Distopía

82-N

Coa tecnoloxía Koha