Instrucións para tomar café / Manuel Núñez Singala
por Núñez Singala, Manuel Carlos (; Núñez Singala, Manuel Carlos [autor/a].
Tipo: LibroSeries: Literaria ;329.Editor: Vigo :Galaxia ,2014 Edición: 1ª ed. 1º imp.Descrición: 139 ;21cm.ISBN: 9788498655513.Materia(s): Humor | Retranca | Humor -- Cuentos | Lingua e Literatura Galega | Relato curto | Microrrelatos | SociolingüísticaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: estes textos están escritos partindo do que parece non ser, condición sine qua non para chegar a ser algo. Entre eles, por exemplo, un "libro de instrucións" para non galegos dirixido precisamente a estes. Así, algúns títulos que falan de seu: "Cocido familiar", "Amputado", "Gastronomía transfronteiriza", "Poesía oriental", "Instrucións para parecer intelixente", "Instrucións para parecer galego I, II e III", "Instrucións para falar do tempo", "Sacrificio", "Competencia" e "Pro – dutividade". Neste conxunto de relatos indágase sobre nós mesmos, sobre o que nos fai grandes como seres humanos e tamén arredor das nosas mesquindades, sobre o que nos define como persoas e como galegos, e todo isto dende a ironía, cunha perspectiva impregnada de humor e retranca.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Primeiro de Marzo Sala préstamo | 82-3G NÚÑ ins | 1 | Dispoñible | PED045000014312 |
|
Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: estes textos están escritos partindo do que parece non ser, condición sine qua non para chegar a ser algo. Entre eles, por exemplo, un "libro de instrucións" para non galegos dirixido precisamente a estes.
Así, algúns títulos que falan de seu: "Cocido familiar", "Amputado", "Gastronomía transfronteiriza", "Poesía oriental", "Instrucións para parecer intelixente", "Instrucións para parecer galego I, II e III", "Instrucións para falar do tempo", "Sacrificio", "Competencia" e "Pro – dutividade". Neste conxunto de relatos indágase sobre nós mesmos, sobre o que nos fai grandes como seres humanos e tamén arredor das nosas mesquindades, sobre o que nos define como persoas e como galegos, e todo isto dende a ironía, cunha perspectiva impregnada de humor e retranca.
3º-4º ESO