Vivir sen permiso e outras historias de Oeste / Manuel Rivas
por Rivas, Manuel; Rivas, Manuel (1957-) [autor/a].
Tipo: LibroSeries: Narrativa (Edicións Xerais de Galicia) ;437.Editor: Vigo : Xerais , 2018 Edición: 1ª ed.Descrición: 141 p. ; 22 cm.ISBN: 9788491214564.Materia(s): Corrupción | Salud | Novela negra | Narcotráfico | Realismo | DramaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liñaEste rexistro ten moitos ítems físicos (91). Faga clic aquí para velos todos.
inclúe o relato que inspirou a serie de TV Vivir sen permiso
Contén: O medo dos ourizos ; Vivir sen permiso ; Sagrado mar.
Este novo libro de Manuel Rivas contén tres historias que, ao xeito da serie negracriminal, retratan un tempo histórico onde se acrecenta o poder das mafias, da cobiza, do diñeiro sucio e da corrupción. Mais tamén son historias que nos mostran a condición humana situada no límite, relatadas desde a maxia literaria dunha escrita impactante, poderosa e directa. En «O medo dos ourizos», dous mozos mariñeiros, que subsisten en precario, atopan no mar un tesouro, fardos procedentes do narcotráfico, que pode facelos ricos ou custarlles a vida. En «Vivir sen permiso», Nemo Bandeira, un poderoso magnate que levantou o seu imperio por medios ilícitos, consegue borrar as pegadas do seu pasado criminal, mais vaise atopar cun inimigo íntimo, inesperado e invencíbel. En «Sagrado mar», un mozo presidiario, apaixonado pola lectura, ten que enfrontarse non só co sistema carcerario, senón tamén co dilema da obediencia ou desobediencia ante o dominio que exerce un capo no interior da cadea. «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» é un libro fascinante, de literatura na beira, na marxe do risco, que o autor define como literatura vagabunda ou estremeira. Alí onde a cuestión final non é tanto ter ou non ter poder senón ter ou non ter liberdade.
1º-2º BAC