O pai dun asasino / Alfred Andersch
por Andersch, Alfred [autor/a]
; Fernández Estévez, María de la O [tradutor/a]
.
Tipo: 



Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Primeiro de Marzo Sala préstamo | Dispoñible | PED045000001929 |
|
O ascenso da ideoloxía nazi en Alemaña vivido polos alumnos dun colexio.
Está é unha historia baseada en feitos reais. Un dos seus protagonistas é o profesor Himmler, pai do futuro dirixente nazi organizador do xenocidio xudeu. O relato desenvólvese nun colexio de Munich durante unha hora de clase de grego na que irrompe o vello Himmler, establecendo con varios alumnos un pulso malvado e cruel. O narrador, que comeza sendo un anónimo e atento observador da violencia psíquica e moral que se vai apoderando da aula, acaba converténdose na súa principal vítima. O proceso é transformado na literatura por Alfred Andersch cun estilo directo, vivo e meticuloso que consegue facer partícipe ao lector do oprobio e da humillación experimentada polos alumnos desta escola na Baviera que comezaba a asistir, impasible, ao ascenso ao poder dos nacional-socialistas.
3º-4º ESO
1º-2º BAC